Para esquecer

Barallobre 0- Monfero 2
18 de Novembro, 2019 - 10:05 h. | Publicada por Radio Fene

O campo do Ramo sofríu un novo revés, o ataque dos xabaríns na noite do pasado xoves e o destrozo foi superior ao anterior.

ESCOITA O PODCAST:

Que o encontro se xogara nos Pinares, porque o campo do Ramo estaba en malas condicións, non influiu para nada no resultado adverso do equipo de Oscar Varela. O técnico tivo que lidiar un partido con dúas expulsións. Apesar diso, nuns minutos da segunda parte tivo opcións de empatar pero non o lograron.

Na primeira parte, o Monfero xogou adiantado e aos do Barallobre custáballes chegar á área rival. O xogo desenvolveuse no medio do campo e sen ocasións para ninguén. Próximos ao descanso e a raíz dunha falta produciuse unha protesta e a expulsión de Sergio no minuto 42. Cun xogador menos encararon a segunda parte, pero chegou o 0-1 acompañado da expulsión do segundo efectivo, Miguel Pena no minuto 54. O partido embarullouse, e entre protestas chegou o 0-2, de novo de Erick que sería expulsado tamén no 87’. O Barallobre tivo un par de ocasións para empatar pero finalmente non se materializaron.

O próximo e último encontro para rematar a primeira fase da liga enfrontará ao Barallobre co Maniños no campo do Pote. Oscar Varela está deseando rematar dunha vez e encarar con bo pé a nova fase.

Deportes

Publica o teu comentario agora