Para liderar procesos de transformación dixital

Para liderar procesos de transformación dixital
17 de Abril, 2019 - 10:59 h. | Publicada por Radio Fene

O novo grao de Xestión Dixital de Información e Documentación poñeráse en marcha en setembro no campus de Ferrol da Universidade da Coruña. Ofertará un total de corenta e cinco prazas. As tecnoloxias da información son a base transversal sobre as que se apoian as diferentes materias.

Campus de Esteiro en Ferrol. Universidade da Coruña

Haberá especialización en Biblioteconomia e Arquivistica pero tamén en Información para a Ciencia e a Tecnoloxia. Abordaráse a criación de contidos editoriais, marketing dixital, xestión de comunidades dixitais e publicación en web. Co título de Documentación, poderáse liderar o proceso de transformación dixital de calquera empresa. A preservación e difusión de contidos e a analise e xestión de datos son outras das materias do plan de estudos de Documentación. Comezará en setembro no campus de Ferrol da Universidade da Coruña.

Cultura

Publica o teu comentario agora