Para qué les? Leo porque me peta.

Para qué les? Leo porque me peta.

07 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Leo porque me peta” é unha das respostas recibidas estes dias na biblioteca do IES de Fene, unha das 103 bibliotecas escolares galegas que participan na campaña “Para que les?” con motivo da celebración do Dia do Libro.

A pregunta semella sinxela e as respostas están a ser do máis variopinto, segundo a responsable da biblioteca do IES de Barallobre, Loli Lago. Unicamente hai que respetar unha cousa, que a resposta debe ter 140 caracteres que deben enviarse ao correo : osegreldopenedo @ gmail.com ou a calquera outra biblioteca escolar das 103 que se apuntaron á campaña no noso país. Esta iniciativa incluíuse no Plan de mellora das Bibliotecas escolares. No centro fenés recibiron ata o momento 143 respostas e faltan aínda as do alumnado. Ata o dia 20 cabe a posibilidade de envialas. Con elas empapelaránse paredes e portas do Instituto de Fene (A Coruña) o dia 23 de abril. 

Sociedade