Para qué poñerte a estudar a estas alturas?

Coñecemos a tres persoas que retomaron os estudos onde os deixaran e hoxe teñen o título da ESO
15 de Xullo, 2019 - 09:28 h. | Publicada por Radio Fene

O IES Concepción Arenal de Ferrol ofrece a posibilidade de conquerir o título da ESO en dous anos a través da Educación Secundaria de Adultos. Trátase de retomar os estudos abandonados a persoas maiores de 18 anos ou menores desa idade que por razóns laborais non podan cursar a ESO ordinaria.

ESCOITA O PODCAST:
ARNOSOESA19

Para que vas poñerte a estudar a estas alturas? É o que a familia de Viqui, limpadora de profesión, casada e con fillos, lle preguntou cando decidiu retomar os estudos abandonados hai moitos anos e matricularse na E.S.A. O IES Concepción Arenal lidera a Educación Secundaria de Adultos en toda a comarca de Ferrol. A E.S.A. ofrece a posibilidade de retomar os estudos que por diferentes razóns foron abandonados no seu momento. É a oportunidade de facer a ESO en dous anos, dun xeito máis personalizado e adaptado a cada alumno e alumna, nun horario que lles permita traballar (de 18,30h a 22,30h). As materias divídense en tres grandes bloques: Social, Comunicación e Línguas e un terceiro Científico-Tecnolóxico. A matrícula para o primeiro cuatrimestre abriráse do 2 ao 13 de setembro no IES Concepción Arenal de Ferrol.

Nós convidamos á Xefa de Estudos do centro ferrolán, Divina Arnoso, e a tres alumnos que veñen de rematar a ESO a través da Educación Secundaria de Adultos; Ignacio García, Carolina Dos Santos e Viqui Romaus, para que a súa experiencia sirva de exemplo a outras persoas. O primeiro abandonou os estudos na adolescencia, a segunda veu de Brasil e tivo que convalidar os seus estudos e a terceira retomou os estudos abandonados para casar moi noviña.

Cos catro falamos en Radio Fene (escoita a entrevista) das experiencias vividas, dos retos que cada quen se trazou, da alegría de conseguilo e do futuro que cada un deles soña: Ignacio quere facer o bachelerato, Carolina estudar perruquería e Viqui un FP de Laboratorio.

Sociedade

Publica o teu comentario agora