ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A 11 xornadas para que remate a liga na división de prata do baloncesto feminino, o Universitario Ferrol, pensa xa na posibilidade de xogar a fase de ascenso á categoría raíña. Esta tarde poden dar un paso de xigante cara a consecución deste obxectivo se vencen en Esteiro ao Zamora.
O Universitario comezou esta tempada unha nova etapa ao volver á segunda división da Liga Feminina de Baloncesto e non conforme con isto vai pelexar ata o final por xogar a liga de ascenso. As posibilidades son moitas, e comezan por gañar esta tarde ó Zamora na casa, en Esteiro. O adestrador local, Chiqui Barros, recoñece que o equipo castelán ten un importante potencial ofensivo e unha gran capacidade de tiro, pero tamén uns ataques pouco elaborados e unha defensa frouxa. Un dos perigos será a canadense Sarah Crooks, cunha eficacia no tiro do 98%. A xogadora do Uni, Raquel Asensio, confía en calquera caso nas pivots do equipo.
Gañen ou non ó Zamora, o Universitario Ferrol ten os obxectivos desta tempada xa cumpridos. O equipo ten asegurada a permanencia e rematará entre os seis primeiros.
Comeza a loita por chegar á fase de ascenso á división de honra do baloncesto feminino. A primeira cita esta tarde, ás sete, no pavillón de Esteiro.