Para seguir bailando, dez relatos sobre o xogo da vida

Para seguir bailando, dez relatos sobre o xogo da vida

05 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

En “Noite de pailabarro” Francisco X.Fernández Naval recolle a descuberta adolescente dunha realidade calada, silenciada, que alentaba e confundía un tempo sen memoria histórica. O relato, xunto con outros nove, integra o volume “Para seguir bailando” que ven de publicar Edicións Xerais de Galicia.

O libro amosa a dimensión do ser humano que protagoniza unha existencia normal na que, ás veces, interfire o fantástico ou o azaroso, e sempre, por riba de calquera outra consideración, a certeza de que debemos seguir bailando neste xogo da vida que é, en definitiva, o máis firme valor que posuimos.

Sociedade