Parafusos, porcas e cilindros

Parafusos, porcas e cilindros
26 de Xuño, 2019 - 08:50 h. | Publicada por Radio Fene

Con parafusos, porcas (tuercas en castelán) e cilindros procedentes dos engrenaxes dos coches, realízanse esculturas ou intervencións. Trátase dun arte conceptual que intenta transmitir sensación de movemento. O concepto abstracto navega entre o aceiro e o hiperrealismo.

ESCOITA O PODCAST:
Xoán Ramón Pena en Radio Fene

O escultor veciño de Barallobre Xoán Ramón Pena Soto participa na Bienal Internacional de Arte do Morrazo que pode visitarse na sala de exposicións do auditorio de Cangas ata o dezasete de xullo. Todo o mundo o coñece como Che, polas súas orixes arxentinas. Naceu en Buenos Aires pero se sinte moi galego, o seu pai era de Franza e a nai de Barallobre. Foi delineante en Navantia, na actualidade pensionado, desde finais da década dos noventa fai escultura. Utiliza material de desguace e residuos industriais.  A súa obra inclúese no apartado de escultura-instalación. Para esta exposición do Morrazo presenta unha escultura realizada con materiais industriais e composta por elementos circulares, aros e cilindros que representan un concepto abstracto titulado “O infinito máis cerca”.

Cultura

Publica o teu comentario agora