A paralise do fútbol afecta a moitos sectores

A paralise do fútbol afecta a moitos sectores
12 de Agosto, 2020 - 01:05 h. | Publicada por Radio Fene

A Segunda B e a Terceira División do fútbol están consideradas como non profisionais pero en realidade moita xente depende economicamente dos equipos desas categorias. Tamén pasa iso incluso na Preferente, Primeira e Segunda Galicia e na base do deporte.

ESCOITA O PODCAST:
Cultural Maniños B. 17 de decembro do 2018

Hai moita xente que vive do fútbol. Falamos con Jose Barcia no programa Vilanova de Radio Fene, sobre a posible paralise da tempada de futbol non profesional, futbol feminino e futbol sala e as implicacións que pode ter esta nova na nosa sociedade. O maior problema prodúcese para quen vive deste deporte. “Falamos dun montón de equipos que teñen xogadores considerados non profesionais pero que realmente viven dese deporte” indica Barcia. Esta problemática afectaría do mesmo xeito aos profesionais técnicos, sanitarios, administrativos e demais que traballan neste ámbito e verían paralizada a súa labor.  Un problema que se agrava se pensamos en meses pasados nos que moitos traballadores xa pasaron por un ERTE ou estiveron sen cobrar. Este tipo de situacións influirá tamén nos negocios locais, xa que a perda deste diñeiro revertiría negativamente no tecido comercial.

O fútbol non profesional, fútbol feminino e fútbol sala non arrincarán ata perfilar un protocolo sanitario. As Federación Territoriais concretarán coas autoridades deportivas e sanitarias da súa Comunidade os requisitos para comezar as competicións baixo as súas competencias no momento en que sexan autorizadas. Unha vez quede definido, a intención é que poidan arrincar un mes máis tarde as competicións.

Deportes

Publica o teu comentario agora