Paran as palilleiras

Paran as palilleiras
16 de Marzo, 2020 - 12:16 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene paralizou de momento a organización do Encontro de Palilleiras previsto en principio para o sábado 25 de abril. Xa estaba posta en marcha a maquinaria organizativa, pero houbo que parar diante da suspensión de actividades a raíz do coronavirus.

ESCOITA O PODCAST:

A Asociación O Cruceiro e o Concello de Fene, satisfeitos tras a celebración do outlet de primavera

http://173.255.131.18/audio/130320BASOA.mp3

Ana Basoa, concelleira de Promoción Económica de Fene

A concelleira de Promoción Económica Ana Basoa amosouse moi satisfeita do resultado do Outlet celebrado o pasado sábado en Fene. O ente municipal adquiriu para o evento 15 haimas e 15 mesas con fundas. “O material poderase utilizar para outras citas e con dúas datas xa sae máis económico que optar polo aluguer".
 “Chegamos polos pelos,xa que se o outlet se planificara para unha semana máis tarde xa non poderíamos organizalo” manifestou Ramón Dominguez, da asociación de comerciantes O Cruceiro quen se amosou moi satisfeito polo nivel de vendas logrado: “O día axudou, visitaron Fene moitas persoas de fora e o resultado foi o mellor de todos os outlet celebrados ata o momento” concluíu o representante da entidade.

Sociedade

Publica o teu comentario agora