ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Dúas historias de violencia de xénero, unha que comeza no ano 1913 e outra que acontece no 2017, un século despois. Historias duras, unha delas comeza cando a protagonista era pequena. Pasan os anos e a violencia segue instalada na nosa sociedade. Diso fala “Senlleiras” de Antía Yáñez. Falamos desta obra no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión con Henrique Sanfiz, C.M.Riveira e Tatty Lavandeira.
Premio Illa Nova de Narrativa 2018, a novela de Antía Yáñez está ben trabada, cunha estrutura densa, onde a unha voz narradora principal en terceira persoa auxiliada por outros narradores secundarios, se suman emails, cartas, artigos periodísticos... Alana e Alda, son as dúas protagonistas que viven unha vida paralela, separada por un século (Alana, metade do S. XX-1913 e Alda na actualidade). Bieito e Bernabé, son os protagonistas de homes maltratadores, (Aniceto tampouco se queda atrás) , pero no outro lado extremo, no outro lado masculino están André e Xosé,polo que non se pode xeneralizar que todos os homes maltraten.
Senlleiras amosa a panorámica dun século a través do prisma da violencia, non só de xénero, porque neste libro se trata de máis tipos de violencia tamén, pero o panorama é certamente desolador. Cres que hai esperanza para resolver este problema? Por onde pasaría para ti a solución? Son algunhas das cuestións propostas á autora no noso club de lectura. Como esta outra; Violencia bruta e violencia psicolóxica, ambas quedan moi ben retratadas na novela. A dor, o medo, o que vai minando por dentro en canto á personalidade das mulleres… as consecuencias son as mesmas, pero, ti pensas que é peor unha que outra? Cres que as mulleres que non teñen morados, cicatrices o teñen máis difícil de probar?
O libro “Cuentos de amor” de Emilia Pardo Bazán ou a película “Fantasía” aparecen na novela. Outro tema non menos importante que trata Antía Yáñez, é a escravitude e a presión exercida polas redes sociais.
Publica o teu comentario agora