Pardo de Cela ou o final da vella nobreza laica

Pardo de Cela ou o final da vella nobreza laica

12 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A cabeza de Pedro Pardo de Cela rodou diante da catedral de Mondoñedo o 17 de decembro de 1483. Segundo o historiador Ramón Villares, "a morte de Pardo de Cela deixou expedito o camiño para que os Reis Católicos puidesen implantar en Galicia a súa política centralizadora". A caída do Mariscal e a morte de Pedro Madruga (1486) representan o final da vella nobreza laica medieval de orixe trastamarista.

En 1483 cae a fortaleza da Frouseira onde se refuxiara Pedro Pardo e o 7 de decembro é detido na casa de Fonsa Yáñez en Castrodouro (no actual concello de Alfoz, Lugo) e lévano preso a Mondoñedo, onde dez días despois lle cortan a cabeza "por cruel e poderoso", segundo palabras do Poder Real.

Segundo a lenda os mandatarios reais tramaron a traizón da Frouseira ante a imposibilidade de poder conquistala. A Pardo de Cela teríano vendido os 23 criados que defendían a fortaleza. Os "cantares" din que o traidor foi Roi Cofano do Valadouro. A rexa loita durante tres anos na Frouseira, a traizón dos criados e o degolamento, coas semellanzas á morte de Xesús, convérteno axiña en "mito" e comeza a ser trobado en feiras e mercados.

Per treyzón tamén vendido
Jesús, nosso Redentor,
e por questes treydores,
Pero Pardo, meu Señor.

A mitificación de Pardo de Cela comeza aos poucos anos da súa morte, cando as cantigas e poemas laudatorios abundan por toda Galicia. Dous taimados coengos detiveran á súa muller Isabel de Castro, aquel 17 de decembro na Ponte do Pasatempo en Mondoñedo, cando portaba o indulto real. Mentras a cabeza rodaba diante da catedral,  e dicia as palabras: "Credo, credo, credo".

Cultura