A Parrockcheira reune ao melloriño na Praza Vella

A Parrockcheira reune ao melloriño na Praza Vella

09 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O venres dia 10 de setembro é o máis musical das Festas da Parrocheira de Ferrol, que organiza a asociación veciñal  dirixida por Alberto Saavedra. Unhas festas que serven para poñer en valor o patrimonio do barrio ó mesmo tempo que se denuncia o deterioro do mesmo. Dende a asociación de veciños lembran que esta parte da cidade atópase nun estado de conservación cuestionable e fan un chamamento a través da Parrocheira a que

Proxeccións, teatro forman parte do programa que arrincou xa o mércores. O venres 10 ás 21 horas celebrase a Parrockcheira na Praza Vella, onde se poderá escoitar a música dos grupos The Right Nows, de Cedeira; Rockin Kies, de A Coruña; Lee Van Cleef, de Ferrol; e Membrillo Fanegas, de Fene.

A gastronomía será a gran protagonista do sábado. Ese día, tamén a Praza Vella volverá a ser o epicentro da festa cun concerto da Banda Municipal de Música (12.00 horas) e unha gran mexillonada (19.00 horas) con bola doce, pan e bebidas a un prezo de 5 euros.. Os asistentes poderán disfrutar da música do teclista Lázaro e da banda de León, Los Platillos Volantes.

Xa o domingo, A Parrocheira despídese dos ferroláns coa tradicional procesión marítima da Nosa  Señora do Socorro. Despois da misa das seis, a xente do mar sacará a imaxe para levala pola ría mentras soan as gaitas de Artabria.

 

Sociedade