A participación, eixo do programa de Podemos

A participación, eixo do programa de Podemos

26 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Podemos chega a Fene.  A formación política liderada por Pablo Iglesias preséntase este sábado no Círculo de Perlío. Fan da participación cidadán o eixo central do seu programa e non desbotan chegar a acordos con outras forzas políticas, sempre que acepten eleccións primarias abertas á cidadanía.

O movemento político que lidera Pablo Iglesias e que revolucionou o panorama electoral nos comicios europeus, preséntase en Fene o sabado ás oito da tarde no CCRD de Perlío. Neste concello Podemos obtivo 582 votos e quedou como cuarta forza na última chamada ás urnas. Contemplan presentarse ás próximas eleccións municipais dentro dun ano, segundo Manuel Caldevilla, quen califica a Podemos de “refresco na política”.

Un dos representantes de Podemos - Ferrol, José Antonio Santiago, declarou que o principio da agrupación é a participación cidadá, de feito non teñen carnets, afiliados nin militantes e as decisións tómanse asambleariamente onde todo se somete a votación, en reunións abertas nas que calquera pode participar.

Podemos ten xa círculos traballando en diferentes concellos da comarca, Narón, Mugardos ou Valdoviño. Presentouse hai uns días en Ferrol e agora estanse enviando dossiers a todos os asistentes que irán integrándose nos círculos -podemos, cada quen na área que mellor lle vai.

Sociedade