Pasos elevados

Os pasos sobre a vía do tren en Perlío e Barallobre estaban moi deteriorados
29 de Marzo, 2019 - 10:54 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene acondiciona os pasos elevados sobre a vía do tren no Ramo e na antiga estación de Perlío coas que se buscaba reforzar a seguridade vial dos veciños e veciñas.

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate dos traballos de acondicionamento e mellora dos pasos elevados sobre a vía do tren na antiga estación de Perlío, en Antonia Montero, e tamén na zona do Ramo. Explicou que as varandas estaban moi deterioradas pola falla de mantenemento dos últimos anos e, nalgúns casos, nin sequera era posible o arranxo soldándoas. Por iso, o Concello procedeu á construción de varios tramos novos que subtituíron a estes. Así mesmo, realizáronse traballos de pintado das infraestruturas Deste xeito, o alcalde sinala que se reforzou a seguridade dos usuarios tanto no Ramo, zona de cruce habitual para moitos nenos e nenas que acuden ao centro educativo, como en Perlío en dirección á Torre.

Institucional

Publica o teu comentario agora