Pastelería Martínez gaña o concurso de escaparates de Fene

Pastelería Martínez gaña o concurso de escaparates de Fene

29 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Centos de persoas visitaron o 1º Salón do comercio e as oportunidades no pavillón A Xunqueira de Fene, onde comerciantes e público fixeron bos intercambios. Unha vintena de comercios participaron neste primeiro Salón que ven completar o Outlet que convocan no mes de setembro. Amáis das firmas comerciais, o recinto acolléu un rastrillo en favor de Paula, a nena de Boiro para a que se recauda por toda Galicia e outro organizado polos pais e nais e alumnado doc

 Ás 13.00 h contou con moita afluencia a cata de viños organizada por Bodegas Barral, mentras que os aplausos soaron media hora despois no momento en que o Presidente da Deputación de A Coruña, Diego Calvo, xunto co alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e unha boa representación da corporación municipal, entre os que se atopaba o Concelleiro responsable de Promoción Económica, Juan José Franco, entregaron a Pastelería Martínez o premio do Concurso de Escaparates da Primavera. O resto dos comercios participantes recibiron un diploma.  Quen quixo xantou churrasco no exterior do pavillón ou se deixou caricaturizar polo debuxante fenés, Carlos Sardiña.  

Sociedade