A pataca, presente nos bares de Fene en outubro

A pataca, presente nos bares de Fene en outubro

04 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O 1º domingo de outubro, o dia 6, a rua do Ameneiral de Perlío- Fene-  acollerá o Outlet dos comerciantes de Fene. A Asociación O Cruceiro en colaboración coa concellería de promoción económica, promoven esta cita comercial tralo verán. Este ano retrásase un pouquiño con respecto á convocatorias de anos anteriores que se facía en setembro.

Pero os organizadores queren deixar pasar un mes de moitos gastos para as familias polo desembolso que supón o comenzo do curso escolar. Así que a data será o domingo 6 de outubro e o lugar, a rua do Ameneiral, entre a Praza do Perla e o río Cádavo. Por suposto os amplos descontos nos productos da feira serán o principal reclamo da cita xunto con actividades de animación que de momento non trascenderon.

No mes de outubro tamén os hosteleiros feneses promoverán unhas novas xornadas gastronómicas, relacionadas nesta ocasión cun producto moi popular e barato; a pataca. Os bares que se apunten á idea deberán servir nas fíns de de semana, nunha das quincenas de outubro, tapas coa pataca como base.

Sociedade