Patacas, ovos e laranxas

Patacas, ovos e laranxas
20 de Abril, 2020 - 12:57 h. | Publicada por Radio Fene

A froitería Eurolíder do lugar da Abeleira -Mugardos- incrementou moitísimo a venda a domicilio, unha modalidade nacida desta crise sanitaria. Pataca, ovos e laranxas son os productos máis demandados neste momento, segundo Belén Valencia.

ESCOITA O PODCAST:

Despois dun mes xa están afeitas ás circunstancias na froitería de Eurolíder, no lugar da Abeleira, que rexenta Belén Valencia. “A xente é exemplar” comenta Belén para referirse a como a súa clientela respecta as normas e mantén as distancias de seguridade sin que ninguén teña que preocuparse diso. Cada empregada ten o seu dispensador de xel hidroalcólico, as súas luvas e a máscara protectora. E por suposto, a limpeza e a desinfección multiplicáronse na froitería de Eurolíder dese hai un mes e unha semana.

Tamén cambiou a maneira de comprar, segundo explica Belén Valencia, porque agora a xente acude so un día por semana e polo tanto compra moita cantidade de froita e verdura de cada vez. A media de clientes presenciais que acuden á froitería é duns 40 nos días de semana e aumenta a 70 nas fíns de semana. “O que aumentou moito foi o reparto a domicilio” explícanos Belén. Os clientes chaman por teléfono e ela achégalles a compra mesmo pecha o negocio ao mediodía.

Os productos máis demandados, aclara Valencia, neste momento son a pataca, os ovos e os cítricos- laranza, mandarina e limóns. As hotalizas chegan , non hai carencias, pero en menos cantidade e tamén un pouco máis caras. En xeral os presos incrementáronse, afirma Belén Valencia, nun 5% desde que empezou esta crise sanitaria. Os proveedores da froitería Eurolíder son locais, cercanos, cando falamos de productos de tempada como a leitura, o repolo ou os grelos. O resto proveñen do mercado central de A Coruña ou do Bierzo, de onde son todas as clases de peras que venden.

Sociedade

Publica o teu comentario agora