Patasdepeixe edita en galego as historias do “Mickey Mouse do bloque comunista”

Patasdepeixe edita en galego as historias do “Mickey Mouse do bloque comunista”

17 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A toupiña Krtek, que o checo Zdeněk Miler creou a finais dos anos 50 para que o bloque comunista tivese un Mickey Mouse de seu, fala galego grazas a Patasdepeixe Editora. “Decidimos rescatar este personaxe tenro e entrañable que nunca se editara na Península”, explica Laura Sáez Fernández, quen destacou tamén nos micrófonos de Radiofusión o aspecto “retro e vintage” da ilustración. &ldqu

Con esta novidade son xa doce as referencias de Patasdepeixe, unha editorial que nacía en 2008 co lanzamento de O incrible neno devorador de libros. Unha das características singulares do proxecto é a súa independencia dos poderes públicos. “Traballamos sen axudas gobernamentais porque entendemos que a Xunta, nos seus distintos gobernos, nunca fixo unha aposta seria pola lectura, non conseguiu crear unha rede de lectores”, explican. “Manifestámonos en contra desas políticas porque entendemos que o que hai que subvencionar é lectura, non as editoriais”, argumenta Laura Sáez.

O obxectivo das impulsoras de Patasdepeixe é, segundo explican, "publicar en galego obras fundamentais da literatura para persoas de pouca idade, para que todo aquel que se achegue a elas poida gozar coa lectura tanto coma nós coa edición".

Cultura