Paus de cego na organización do curso escolar

Paus de cego na organización do curso escolar
08 de Maio, 2020 - 11:50 h. | Publicada por Radio Fene

A CIG defende unha folla de ruta para organizar o curso escolar 2020-2021 contando con expertos da comunidade educativa, e que as competencias sexan da comunidade autónoma.

ESCOITA O PODCAST:

A CIG define como “caótica” a situación do ensino pensando na organización do curso que ven. En primeiro lugar, todo depende de cando remate o estado de alarma sanitaria. En segundo lugar, defende o sindicato nacionalista, é competencia da comunidade autónoma planificar o curso escolar 2020-2021. E un último apunte, contar para iso coa opinión de expertos da comunidade educativa. O secretario xeral da CIG Ensino, Suso Bermello afirma que, aínda estando todo condicionado á situación sanitaria, é necesario ter unha folla de ruta clara antes de organizar o próximo curso escolar. "Ata agora so se deron paus de cego", declara.

Nesa folla de ruta, defende Bermello, hai que establer en primeiro lugar un protocolo de reincorporación aos centros, que debe cumplirse estrictamente. En segundo lugar estaría reducir as ratios. Neste punto, preséntanse dúas incógnitas, se habería que ampliar o número de profesores e se os centros teñen espacio suficiente para o desdobramento das aulas. En terceiro lugar o secretario da CIG advirte que o ensino virtual do que fala a ministra Celáa, ten que ter un papel totalmente secundario. Aparte dos moitos argumentos para a defensa do ensino presencial, Bermello prantexa un problema ben sinxelo. Mentres os país e nais van traballar quén atende os pequeños que reciben clases na casa?.

Outra cousa son as oposicións. Unha vez adiada a convocatoria deste ano ao ano que ven, a pregunta é se no 2021 se acumularán as dúas convocatorias. A CIG levará ao Consello Escolar diferentes alegacións á reforma da normativa que estaba prevista para o 2021. O sindicato defende que a normativa se manteña idéntica á do 2020, se acumulen as dúas convocatorias ou non.

(Na imaxe o colexio A Xunqueira de Fene)

Cultura

Publica o teu comentario agora