Paz no Camiño

40 estudantes madrileños posaron no mural de Xaquín Marín de paso polo Camiño Inglés
02 de Xullo, 2019 - 12:49 h. | Publicada por Radio Fene

Estudantes madrileños fan o camiño inglés a Compostela, guiados polo escritor e profesor Vicente Araguas.

Esta mañá evidenciamos a presencia dun grupo ben numeroso de camiñantes polo Camiño Inglés ao seu paso por Fene. Capitaneados polo escritor Vicente Araguas e a profesora Ana Belén Díaz Raya, 40 alumnos e alumnas dun instituto de bachelerato de Las Rozas- Madrid diríxense a Compostela despois de pernoctar no albergue e IES de Neda. Confesounos o propio Araguas que ían facer unha parada especial na Capela de Santa Ana construída por un antepasado do profesor natural de Neda. Posaron para nos e a posteridade diante do mural da paz, debuxado por Xaquín Marín na fachada da casa do concello de Fene, onde fixeron un pequeno descanso este mediodía.

Sociedade

Publica o teu comentario agora