Peche das escolas municipais

Peche das escolas municipais
13 de Marzo, 2020 - 09:01 h. | Publicada por Radio Fene

Os concellos suspenden a actividade das escolas culturais e deportivas. A FGMP decreta o peche das actividades municipais nunha xuntanza a última hora de onte. As entidades sociais fan o propio adiando os actos programados.

Os centros escolares viven hoxe unha xornada de transición. A Consellería de Educación ordenou o peche da actividade escolar oficialmente desde o próximo luns 16 de marzo e durante 14 dias. Hoxe aínda hai clase para dar tempo aos pais e nais a que se organicen e planifiquen con quen deixarán aos fillos. Así que hoxe é de agardar que os primeiros cursos aínda acudan a clase. A medida exténdese ata a Universidade.

O concello de Fene suspende todas as actividades culturais e deportivas municipais. As escolas que se realizan en instalacións da súa competencia quedan paralizadas ata nova orde. Seguen así as indicacións da FGMP adoptadas onte á noite. Os Concellos de Neda e Valdoviño anuncian o peche das instalacións municipais e a suspensión das actividades deportivas e culturais municipais para previr o avance do coroavirus. Así mesmo, limitan as visitas á casa consistorial ao estrictamente necesario e recomendan valerse das consultas telefónicas ou da tramitación telemática.

As entidades sociais suspenden tamén os actos programados atendendo á chamada das autoridades sanitarias e políticas. En Fene veñen de comunicalo esplicitamente a AVV de Limodre e a Sociedade Agarimo de Sillobre. Con toda probabilidade seguiránlles as demais. En Sillobre a actividade máis inmediata era a Andaina nocturna do dia 21 de marzo que polo tanmto queda aprazada. (Na imaxe os organizadores da Andaina de Sillobre en Radio Fene).

En Ferrol, a Xunta Directiva do Ateneo acordou suspender todas as actividades culturais, por responsabilidade colectiva e de xeito preventivo ate como mínimo o 14 de abril. Os concellos da comarca van comunicando as medidas adoptadas onte.

O cinema tamén se cura en saúde. Nun compromiso por evitar a propagación do COVID-19, a única sala de Ferrol, o Duplex cinema, toma precaucións seguindo as recomendacións da Federación de Cines de España (FECE) e das autoridades gobernamentais. Entre as medidas está o peche da sala os luns.

Institucional

Publica o teu comentario agora