A pegada do Imperio romano

A pegada do Imperio romano
04 de Decembro, 2018 - 10:37 h. | Publicada por Radio Allariz

Aquis Querquennis é un complexo arqueolóxico romano en Baños de Bande en Ourense. Situase na beira do río Limia no encoro das Conchas no lugar denominado Porto Quintela. E un campamento romano e unha mansión viaria. Ocupouse entre os séculos un e tres despois de Cristo cunha superficie equivalente a dous campos de fútbol. Unha muralla e unhas torres defensivas rodeaban os barracóns nos que se aloxarían uns seiscentos soldados. Un completo centro de interpretación informa da presencia do Imperio romano na Gallaecia. A uns sesenta quilometros de distancia deste xacemento coñecido como A cidá, atopamos restos doutro asentamento militar do Imperio romano.

Restos arqueolóxicos do campamento romano en Bande

O xacemento romano máis antigo da Gallaecia localízase en Penedo dos Lobos (Manzaneda Ourense). Construiuse entre o ano 25 e 22 antes de Cristo. Cando as tropas romanas chegaron a Galiza, artellaron asentamentos militares para a conquista. Atoparonse na zona duas moedas acuñadas en Mérida para pagar ás tropas que combatiron en Asturias durante as campañas de Augusto.Tiveron pouco uso e os soldados que as perderon, estiveron antes loitando en Asturias. Ata agora non se rexistrou ningún campamento con estas características en Galicia.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora