Pegadas que traen cola

A Xunta electoral deulle a razón a EU como denunciante
15 de Maio, 2019 - 11:33 h. | Publicada por Radio Fene

Nunca houbo empatía entre EU e Somos Fene. Xa na anterior campaña electoral hai catro anos tiveron os seus rifi-rafes.

ESCOITA O PODCAST:

A noticia da campaña electoral ven dada en Fene pola disputa dos espacios nas vallas publicitarias. (na imaxe a situasda en Barallobre). Alí xurdiu a disputa entre EU e Compromiso por Galicia. A candidata á alcaldía pola primeira, Maricarmen Martínez, denunciou diante da Xunta electoral a Compromiso por pegarlle dous carteis enriba dos seus. A Xunta electoral ven de darlle a razón. Con data do 14 de maio, onte mesmo, a Xunta resolveu por unanimidade que:

“conforme aos criterios establecidos reiteradamente pola Xunta electoral central, requerir á formación política Compromiso por Galicia, que respete a porcentaxe que lle corresponda dos espazos públicos para propaganda electorale, en consecuencia, proceda á inmediata retirada da cartelería colocada sobre a propaganda doutras formacións políticas”.

O candidato de compromiso, Xoan Manuel Bastida deféndese decindo que non lle deixaron sitio para pegar nesta valla e colleu un anaco, pegando enriba do grupo que máis espacio ocupaba que non era outro que EU. Nese sentido, o candidato de Compromiso, pensa facer outra denuncia, segundo declara.

Institucional

Publica o teu comentario agora