Pelexaron ben diante do lider

Pelexaron ben diante do lider
20 de Outubro, 2019 - 09:36 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío remonta e leva o derbi fenés. Os de Chechu impuxéronse en O Ramo por tres tantos a un con goles de Rubén Varela, Braojos e Isma Grandal. O tanto local conseguíao Óscar Pereiro.

Barallobre 1 -3 Perlío

 Nunha primeira metade que resultou moi igualada e sen demasiadas ocasións de gol durante o primeiros corenta minutos, os goles chegarían ao bordo do descanso. Pereiro remataba a pracer dentro da área pequena para adiantar ao seu equipo no 41. Pouco duraría a alegría para os de Barallobre porque o Perlío igualaba a contenda tras unha falta lateral botada por Isma que rematou Rubén Varela no segundo pau, pouco antes do descanso.A segunda metade comezou con dominio visitante. Proba diso sería o tanto conseguido por Pocho tras un pase da morte. Os locais , que buscaron restablecer a igualada sobre todo a balón parado, atopáronse cunha contra na que tras unha boa condución, Isma batía  de forte disparo a meta defendida por Dani. A partir de aí os locais, que pelexaran ben ante o líder, cederon no seu empeño e o 1-3 resultou xa definitivo. O tres puntos voaron de O Ramo rumbo a Perlío. Os de Chechu son líderes imbatidos e o Barallobre penúltimo sen puntuar aínda

Deportes

Publica o teu comentario agora