A pelota foi nosa

A pelota foi nosa
02 de Marzo, 2020 - 11:47 h. | Publicada por Radio Fene

“Dominamos o balón e o xogo” afirma o adestrador do Pote Manuel Freire. “Foi un partido aberto, marcamos primeiro pero non fixemos o que tíñamos preparado durante a semana, porque sabíamos que teñen xente de arriba moi rápida. Fixéronnos dano”. Moeche 4 – 2 O Pote.

ESCOITA O PODCAST:
O Pote. Segunda Galicia de fútbol

“Na segunda parte tivemos nós o balón e o dominio do xogo pero cometemos erros defensivos, de mala organización” subliña o técnico que espera levar a iniciativa no próximo partido da Segunda Galicia de fútbol. Recibirán no campo de Maniños ao Galicia de Mugardos B, un equipo filial con xente nova que pelexa e corre. Na imaxe, Sergio, Dani Cartelle, Alex Feal e Xabi, dianteiros do Pote.

Deportes

Publica o teu comentario agora