As pensións deféndense

O sabado 2 de febreiro os pensionistas retoman as movilizacións en Ferrol
31 de Xaneiro, 2019 - 11:48 h. | Publicada por Radio Fene

O Cantón de Molíns volverá acoller aos pensionistas reclamando a suba das pensións e chegar aos 1084 euros en dous anos.A concentración fixouse ás 12 da mañá.

Os pensionistas volven á carga o sabado. A Plataforma de Ferrolterra para a Defensa das Pensións públicas chama a unha concentración ás 12 na praza da Constitución no Cantón. “Goberne quen goberne, as pensións deféndense” Baixo ese lema demandarán a suba das pensións mínimas nun 22% igual que o salario mínimo interprofesional. Así mesmo chegar en dous anos aos 1.084€ como fixa a carta social europea. Por último demandarase que se blinden as pensións na Constitución, así como a súa revalorización anual ao IPC real. “O goberno non cumple. Todos á rúa” é outro do slogans desta convocatoria dos xubilados para este sabado ás 12 no Cantón de Ferrol.

Sociedade

Publica o teu comentario agora