Pepe Vaamonde Grupo o sábado na Noite Folc de Negreira

Pepe Vaamonde Grupo o sábado na Noite Folc de Negreira

17 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Pepe Vaamonde Grupo, Avelaiña e a charanga Vai de Roda actuarán o vindeiro sábado na oitava edición da Noite Folc de Negreira. As actividades comezarán ás seis da tarde na Praza do Concello.

AVELAIÑA
Nesta oitava edición poderemos escoitar o grupo Avelaiña, formación que foi seleccionado polo INJUVE 2006 no seu apartado de Música Folk Nacional, formou parte da representación de Galicia na Feira Internacional MIDEM 2007,  finalistas do Concurso Internacional Folk Navelgas 2008, ten actuado en festas e romerias importantes, ofrecendo concertos no só en Galicia, tamén en Cantabría e Asturias.
VAI DE RODA
A charanga Vai de Roda é unha asociación de música e baile tradicional que nace co fin de promover e divulgar a música e baile tradicional. Dende o ano 2004 levan feitas centos de actuacións amosando o seu bo facer en diversos actos e festivais. Son os organizadores do “Serán Mar de Rianxo” un dos mellores festivais de música e baile tradicional da nosa terra.
PEPE VAAMONDE GRUPO
Por último temos que destacar a actuación de Pepe Vaamonde grupo, un proxecto nacido no ano 2001 e que está formado por intérpretes cunha dilatada experiencia musical. Son unha formación feita para “o directo” o que os levou a tocar nos mellores festivais de Europa demostrando que son un dos mellores grupos do panorama folk galego

Horario:

18:00 h. INCHABLES E XOGOS PARA OS NENOS.

19:00 h. OBRADOIRO DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL.

20:30 h. PASARÚAS A CARGO DE GRUPO DE GAITAS "CAIVANCA".

22:00 h. ACTUACIÓN DE GRUPO DE GAITAS “CAIVANCA”

22:30 h. CONCERTO AVELAIÑA  

23:30 h. ACTUACIÓN GRUPO DE  GAITAS “OS MERCENARIOS”

00:00 h. ACTUACIÓN PEPE VAAMONDE GRUPO

01:30 h. ACTUACIÓN GRUPO GAITAS “OS MERCENARIOS”

01:45 h. CONCERTO CHARANGA VAI DE RODA

Sociedade