ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As festas das Peras de Pontedeume comezan mañá martes. O árbitro Ignacio Iglesias Villanueva pronunciará o pregón a partir das oito da tarde. David Civera o mércores e as Cantareiras de Ardebullo o xoves, constituen dous dos numeros principais das Peras do 2010.
A orquestra Montes amenizará a verbena de mañá martes. Xa o mércores á unha do mediodia disputaráse a tradicional cucaña marítima. Pola noite actuará David Civera. O xoves ás 9 da mañá realizaráse o tradicional concurso de froitas que deixará paso á noite ao humor das cantareiras de Ardebullo. O venres á medianoite o combate naval con fogos de artificio atraerá a numerosos visitantes. O sábado as festas das Peras de Pontedeume rematarán coa xira ao rio.