Percebes para chuparse os dedos

Durante o verán o percebe está en sazón
12 de Xullo, 2019 - 09:33 h. | Publicada por Radio Fene

Repasamos a historia do percebe e a súa mellor forma para saborealo no seu mellor momento

ESCOITA O PODCAST:

Díse que xunto ao final do inverno, o verán é a mellor eṕoca para saborear o percebe, hoxe en día o marisco máis apreciado polos galegos, pero non sempre foi así a cousa. Hai un tempo Emilia Pardo bazán avisaba: “non se poden servir nunca na mesa, cando se teñen convidados! Por outro lado, o ilustrado José Cornide dicía: “ós percebes non lles coñezo outro nome en castelán que pés de cabra, pois o diccionario non fala deles. O xeito de xantalos é sacándolle a carne, que é correúda e de mala dixestión.”

Os mellores percebes son os de mar batido nas rochas. E cada costa de Galicia alardea de ter os mellores. Teñen sona os da Torre, na punta Herminia da Coruña, e mais os do Roncudo. Para cocelos, mellor con auga do mar e unha folla de loureiro, aínda que vai en gustos. O seu sabor alóngase cocendo patacas na súa auga, rebaixada á metade e coméndoos sempre con pan.

Cultura

Publica o teu comentario agora