Perdemos 8.000 empregos coa anulación do concurso eólico, segundo Pérez Lema

Perdemos 8.000 empregos coa anulación do concurso eólico, segundo Pérez Lema

30 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A hipotética aprobación da lei eólica, que o Consello da Xunta enviou onte ao Parlamento, representará a perda dun investimento de 5.000 millóns de euros e dos 8.000 empregos contemplados polas empresas adxudicatarias no concurso do pasado mes de decembro. Opina así o avogado e ex-secretario de Relacións Institucionais do goberno bipartito Xoán Antón Pérez-Lema.

O letrado indica que a nova lei representa un artificio xurídico para anular o concurso eólico, pero de feito deslexitima algúns dos argumentos contrarios á decisión da Xunta do PSOE e do BNG. Pérez Lema esgrime informes xurídicos que avalan a legalidade de primar a participación pública nos proxectos presentados ao concurso, así como as modalidades aplicadas para outorgar as adxudicacións. "Cando se aprobe a lei,  decaerán todos os recursos contra as decisións anteriores, pero empezará unha nova batalla xurídica, xa que as empresas adxudicatarias previsiblemente reclamarán a reposición da decisión anterior ou indemnizacións millonarias" afirma o avogado.

Sociedade