Peregrinaxe institucional polo Camiño Inglés

Peregrinaxe institucional polo Camiño Inglés

22 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Consorcio do Camiño Inglés, en colaboración cos 18 municipios da provincia, organiza dúas peregrinacións a Santiago de Compostela. A ruta Ferrol- Santiago de Compostela ten 116 Km, que se camiñarán  dende o luns dia 26 ao 30 de abril. A Coruña-Santiago de Compostela: 80 km e faráse do 28 ao 30 de abril. Os representantes municipais relevaránse nas fronteiras entre concellos.

Nesta peregrinación, na que participan todos os Concellos por onde pasa o Camiño Inglés, os representantes municipais recibirán no límite do municipio aos peregríns e acompañaranos ata o municipio seguinte, segundo a coordenadora da camiñata no concello de Fene, Belén Souto.

O luns 26 e o mercóres 28 os peregríns saíran dende o peirao de Curuxeiras en Ferrol e A Coruña respectivamente para xuntarse en Bruma e así finalizar o Camiño Inglés todos xuntos.

Xa o venres día 30, ás 12:00 da mañá, serán recibidos en Santiago de Compostela, polas autoridades municipais de todos os concellos participantes.

Sociedade