ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Casa da Cultura de Fene acolle durante o mes de xuño unha exposición de óleos e acuarelas do pintor José Manuel Pereiro. A mostra inaugúrase esta tarde ás 19.30 horas, na sala de exposicións da Casa da Cultura e poderá visitarse ata o vindeiro 29 de xuño. Pereiro destaca como paisaxista.
José Manuel Pereiro, natural de Perlío (Fene), comezou no mundo da pintura como alumno de Pérez Villaamil no ano 1961. A súa é unha pintura realista na que predominan as paisaxes. Pereiro adoita facer reproduccións fieis á realidade do seu entorno máis cercano. Realizou exposicións individuais e colectivas no CCRD Perlío e tamén en Ferrol, no Lar do Toxos. En tres ocasións fíxose co accesit no Concurso Bello Piñeiro, de Mugardos.
Ata o 22 de xuño, o horario de visitas será de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Domingos e festivos, pechado. A partir do 22 de xuño, o horario da Casa da Cultura de Fene será de luns a sábados, de 10.00 a 14.15 horas.