Perlío e Maniños meten a quinta marcha….

Perlío e Maniños meten a quinta marcha….

28 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Perlío gañou por 3 a 1 nos Pinares e o Maniños venceu por 2 a 0 no Pote. Os seus directos perseguidores distancianse na clasificación. O empate entre o Meirás e o Narón B coloca ao conxunto de Juan Carlos Gundín a nove puntos do Maniños e a quince do Perlío, é dicir, prácticamente imposible. Pola súa banda o Meirás está a doce do Maniños e a 18 do Perlío. Está claro a liga é do Per

Pola súa banda o Maniños logrou tamén unha importante vítoria no Pote ante o Cedeira. Os goles chegaron no segundo tempo e foron obra de Uxío e de Diego. Corrían os minutos 25 e 26 de partido. En minuto e medio o Maniños resolveu a incógnita e amosou de novo, con autoridade, a súa candidatura ao liderazgo. Na parte de abaixo da táboa, o Narahio prácticamente dí adeus á categoría. Hoxe perdeu ante o Cariño por 1 a 2. O Cariño colócase terceiro pola cola con 23 puntos, un máis que o Cebarca que hoxe empatou a un tanto co San Sadurniño. Mentres tanto a Sociedade Deportiva Barallobre non poido co Rápido de Neda e perdeu nun partido emocionante. Comezou marcando o Barallobre cos goles de Alfonso de penalti e dun xogador do Neda en propia meta. Con 0 a 2 a favor do Barallobre chegouse ao tempo de descanso. Na segunda metade Pitu e Benito empataron o partido para o Neda e xa en tempo de desconto Peña deu a vítoria ao conxunto de Cocheli.

Deportes