Perlío lembra a Uxío Novoneyra

Perlío lembra a Uxío Novoneyra

03 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cunha conferencia sobre a vida e obra do poeta do Courel, o Círculo de Perlío (Fene) inaugura o vindeiro xoves as súas Xornadas Culturais co Gallo da celebración do Día das Letras Galegas. A charla, prevista para as oito do serán, correrá a cargo do catedrático de Lingua e Literatura Galega, Alexandre Ripoll. Ese mesmo día actuarán na sociedade fenesa a Coral Polifónica da Sociedade Agarimo de Sillobre e a rondalla Lucero del Alba.

O Casino de Perlío concentra este ano as súas actividades ao redor da festa das Letras Galegas entre o xoves 6 e o sábado 8 de maio. A segunda xornada, o venres, estará adicada ao teatro coa escenificación da obra “Poesía para dar e tomar”, do grupo “Eolo da Coruña”. E para a terceira e última resérvase o baile e a gastronomía. Ademais das actuacións dos grupos de gaitas, baile e cantareiras Bolboretas, da Liga de Amigos de Barallobre, e Donas e Galáns, de Ferrol, anúnciase o peche do programa con pinchos e queimada para todos os asistentes.

A presidenta do Círculo de Perlío, Pilar Fornos, convida  a todos os veciños e veciñas de Fene a participar nos actos da Sociedade. Nunha entrevista en Radiofusión, lembrou ademais que o vindeiro 28 de maio se celebrará na sociedade o tradicional “baile das flores”, con premios ás flores máis orixinais.

Sociedade