Pero que riquiña é Carmiña

Pero que riquiña é Carmiña
09 de Xullo, 2020 - 11:51 h. | Publicada por Radio Fene

Achegámonos a "Orballo" a probar o seu "allo ecolóxico laminado" ou a súa infusión "calienta que alimenta" . Todos os productos desta empresa de Paderne son ecolóxicos e moi sabrosos.

ESCOITA O PODCAST:

Quen o diría “Pero que riquiña é Carmiña” é o nome dunha das múltiples infusions que cultiva e vende a empresa ecolóxica “Orballo” de Paderne. Esta ven ser cola de cabalo con propiedades diuréticas. “A fresa que besa” é outra modalidade moi rica e doce. As súas plantas teñen un montón de propiedades. Orballo adícase á producción de infusións, especias aromáticas para a cociña e un té orgánico que foi o primeiro de Europa. Dispoñen de preto de 20 hectáreas de terreos en xestión ubicadas en plena Reserva Mundial da Biosfera , as Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo, e preto do Parque Natural das Fragas do Eume, xunto a un dos bosques atlánticos mellor conservados de Europa.

“A calidade do terreo xunto co clima atlántico son tan altos que algunas variedades dánse dun xeito espectacular” afirma o responsable de marketingde Orballo, Oscar Torres, quen engade que “Galicia sempre foi unha potencia no cultivo das herbas”. Nótase nos seus productos, cargados de sabor. Orballo distribueos por tendas de toda Galicia, Madrid e agora tamén Cataluña.

Coincidindo coa alarma sanitaria, acababan de lanzar unha páxina web www.orballo.eu e unha tenda online que tivo moi boa acollida e dalgún xeito salvou os papeis. Os envíos chegan en 48 horas. Na actualidade Orballo ten un plantel de 12 persoas que pode aumentar en momentos puntuais de recollida. A causa da Covid19 están paradas as visitas guiadas que ofrece a empresa con cata incluída.

Cultura

Publica o teu comentario agora