As persoas e o espacio no que viven

As persoas e o espacio no que viven
13 de Xaneiro, 2021 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

A poesía de Maribel Andrés Llamero en "Autobús de Formoselle" é a recomendación literaria que nos fai o profesor da Universidade de Chicago, Noel Blanco.

ESCOITA O PODCAST:

“La lentitud del liberto” (2018) e “ Autobús de Fermoselle” (2029) polo que acadou o premio Hiperión de poesía, son os dous libros editados pola zamorana, Maribel Andrés Llamero (1984) profesora de Literatura na Universidade de Salamanca. Son moitos os motivos para ler Autobús a Formoselle, segundo Noel Blanco, quen describe a obra desta autora como unha interesante relación entre a memoria e a paisaxe, moi en comuñón coa denominada “España vaciada”. Ela reelabora procesos moi cotiáns dándolles unha dimensión de memoria propia e colectiva. Os poemas están relacionados co lugar de onde procede a autora, un lugar de Zamora sen futuro que quedou estancado no tempo.

Esto es Castilla,

mi cuerpo tan seco,

esta carne prieta y dura como alpaca,

levantada por leves lomas, colinas modestas,

algún apacible remanso.

Esto es Castilla,

los ojos oscuros color de barro,

la piel y las trenzas recias, pardas.

Vengo de la tierra del pan y del vino,

donde otros antes que yo escondieron la cebada

que no saciaría su hambre ni su sed.

“A súa linguaxe é sinxela e medida” afirma Noel Blanco. Julio Llamazares falou moi ben deste libro que se alzou co prestixioso premio Hiperión. Os autores citados por ela poderían ter en común, no dicir de Blanco, que reflexionan sobre a relación entre as persoas e o lugar, o espazo que habitan.

Cultura

Publica o teu comentario agora