Perto de 600 escolares participarán o domingo na XVII “Milla Escolar” do Concello de Fene

Perto de 600 escolares participarán o domingo na XVII “Milla Escolar” do Concello de Fene

06 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A proba, dirixida a nenos e nenas de 3 a 16 anos, celebrarase na Avenida do Mar de San Valentín ou, en caso de choiva, no interior do Pavillón A Xunqueira. Comezará ás once da mañá e terá unha duración aproximada de hora e media. Ao remate de cada carreira terá lugar a entrega de medallas a tódolos participantes e unha vez que finalice a “Milla”, entregaranse  trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categor&iacute

No caso de organizar a carreira na avenida de San Valentín a distancia medirase en metros. Pola contra, de facelo no interior do pavillón da Xunqueira, realizarase un circuíto en redondo de aproximadamente 125 metros, no que o percorrido se determinará por voltas e a distancia establecida inicialmente  pode variar  para adecualo a voltas completas.

A “Milla Escolar” é xa unha das probas clásicas e consolidadas  do Concello de Fene, cunha participación aproximada de 600 nenos e nenas de toda a bisbarra. Desta vez o concello de Fene conta coa colaboración de Coca Cola para a organización do evento.

Aínda se poden inscribir o día da proba de 9:30 a 10:30 horas.

Deportes