Phoenix adiantan o novo do seu pop de luxo versallesco

Phoenix adiantan o novo do seu pop de luxo versallesco

26 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A nova canción de Phoenix pódese descargar dende a web oficial da banda. O seu pop de reminiscencias oitenteras segue a soar tan lustroso como sempre, malia que se nota máis uso de sintetizadores que no disco anterior “It’s never been like that”, se cadra un dos mellores do ano 2006. Cancións producidas polo miúdo, con algunhas das guitarras mellor gravadas que se poden escoitar, tarareables e tamén bailables, é o que hai na música destes franceses que cantan en inglés, o idioma universal dun pop, o seu, ben capaz de conquerir o éxito global

Cultura