Piden a construcción dun mirador na ermida de Chamorro

Piden a construcción dun mirador na ermida de Chamorro

05 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de 5.000 romeiros acudiron esta xornada a Chamorro, segundo a Asociación Veciñal de Serantes, entidade que solicitou do concello de Ferrol a construcción dun mirador nos arredores da ermida. O dia espléndido, o tempo fantástico facilitou a resposta da comarca. Entre as once do mediodia e ata as catro da tarde a afluencia de xente foi continua ao santuario da Nosa Señora do Nordés, nos arredores da cidade departamental. Os encargados da capela v&ia

A colaboración do Concello de Ferrol sempre nos parece escasa, sobre todo tendo en conta que o dia de Chamorro sirve para finalizar a Semana Santa, segundo o presidente da asociación veciñal Joaquín Santaclara.

O Santuario da virxe de Chamorro data do século XVI. A romería fíxose multitudinaria a partir dos anos 50. A Asociación Veciñal de Serantes aproveitou o dia da tradicional romería para pedir a construcción dun mirador nos arredores da ermida.

O bo tempo acompañou este ano á romería de Chamorro. Na ermida de Nosa Señora do Nordés celebráronse misas cada hora. O Concello fletou un servizo de microbuses para subir desde a base do monte ata a ermida a persoas maiores e discapacitados. Os vehículos particulares non puideron subir a Chamorro como é habitual todos os anos o luns de Pascua.

Sociedade