Pilar García Negro recibe o XV premio Vicente Risco de Ciencias sociais

Pilar García Negro recibe o XV premio Vicente Risco de Ciencias sociais

22 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O Salón de Plenos do Concello de Allariz acolle, mañá sábado, a entrega do XV Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais á escritora e catedrática de Literatura María Pilar García Negro polo traballo sobre Rosalía de Castro O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e fiminismo. Este galardón é unha iniciativa da Fundación Sotelo Blanco á que se adheriu a Fundación Vicente Risco e que conta coa

O fallo unánime destacou a obra gañadora que se trata dun excelente ensaio no que a autora con gran madurez reflexiona sobre a figura de Rosalía non só como fundadora da literatura galega contemporánea senón tamén como membro dun colectivo que nunha situación totalmente adversa e de xeral desprestixio de Galicia e dos galegos soubo reivindicar a lingua galega e tamén a dignidade das galegas e galegos como pobo. Este premio está dotado con 6.000 euros e a obra gañadora será publicada por Sotelo Blanco Edicións.

Cultura