Pintamo-lo mundo

Exposición e entrega de premios en Fene
02 de Decembro, 2019 - 11:55 h. | Publicada por Radio Fene

O salón de plenos do concello de Fene vivirá un martes moi axetreado. Ás 12 da mañá do martes 30 inaugurase unha exposición de Aspaneps e ás 17:00h entreganse os premios do XV Certame de Tapas Conclelo de Fene.

Exposición de Aspaneps

O alcalde, Gumersindo Galego, presidirá o acto de inauguración da exposición “Pintamo-lo mundo”, que impulsa Aspaneps con imaxes de Gabriel Tizón. Un acto que coincidirá co Día Internacional das Persoas en Situación de Discapacidade. O acto terá lugar o martes 3 de decembro ás 12 horas no salón de plenos da casa consistorial. A partir de entón, poderá visitarse de luns a venres de 10 a 14,30 horas, ata o fin do Nadal, o 7 de xaneiro.

Premios do Certame de Tapas.

Nese mesmo lugar e con esa mostra de fondo, sairán de dúbidas os hosteleiros que participaron no Certame de tapas do concello de Fene. Mañá ás cinco da tarde no salón de plenos municipal daránse a coñecer os establecementos gañadores nas categorías de Tapa tradicional e Tapa creativa. Ademais se sorteará a viaxe a unha capital europea entre as Fenerrutas que se completaron nesta edición, así como outros premios, previstos no certame, a repartir entre os clientes que cubriron as tarxetas. A cita, tanto para os hosteleiros como para os clientes que desexen acudir é mañá martes ás 17:00h no salón de plenos do concello de Fene.

Cultura

Publica o teu comentario agora