Pinto e Chinto, tanto monta

A exposición Pinto& Chinto permanecerá no Museo do Humor de Fene ata a Noiteboa
13 de Novembro, 2018 - 11:40 h. | Publicada por Radio Fene

Debuxante e guionista agradeceron a oportunidade profesional que lles deron El Correo Gallego primeiro e La Voz de Galicia despois. Tamén deron as grazas a Siro por xuntalos hai 25 anos. Colegas como o propio Siro, Xaquín Marín ou O Carrabouxo enviaron misivas de felicitación.

ESCOITA O PODCAST:

Moi contentos de cumprir 25 anos xuntos estaban o debuxante David Pintor e o guionista Carlos López, o dúo Pinto e Chinto que cada dia nos despertan cunha pinga de humor nas páxinas do xornal La Voz de Galicia á que adicaron unhas cantas palabras de agradecemento na inauguración da exposición "Pinto & Chinto. 25 anos" o venres no Museo do Humor de Fene. A exposición chama a atención ao primeiro golpe de vista. O Estudo Costa da Coruña é o artífice da montaxe na que, a modo de rotativa, discurre unhaselección de viñetas de Pinto e Chinto realizados ao longo dos últimos 25 anos.

Na Casa da Cultura de Fene recibiron misivas de felicitación de amigos e colegas. Entre eles destacamos a Siro quen, segundo os protagonistas, foi o celestino que os xuntou, artisticamente falando. A El Correo Gallego e La Voz de Galicia agradeceron David e Carlos a oportunidade e a liberdade que lles deron para forxarse unha carreira. A exposición permanecerá na Casa da Cultura de Fene ata o 23 de decembro.

Cultura

Publica o teu comentario agora