ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Festival Internacional de Documental de Tui prepara do 17 ao 21 de marzo dúas exposicións dos artistas galegos Antón Lamazares e Manolo Paz. Estas poderanse ver durante o festival, que presenta desta volta 29 títulos e dous concertos que subliñan o carácter multidisciplinar desta cita. Na sección de Documentais Galegos estrearase o filme Horizonte sen dono, que confía na palabra de Antón Lamazares para cimentar un discurso que fala da orixe do
Aproximación ben distinta é a que propón Un mar de pedra, de Manu Paz e Xacobo Sanmartín, que retrata unha das figuras máis relevantes da escultura na Galicia dos últimos trinta anos, Manolo Paz. A cinta segue todo o proceso creativo do autor de Cambados, explicandoque relación mantén este coa pedra, o seu principal material de traballo.
O poder do signo e o vínculo coa terra, dúas das ideas máis presentes nas pezas de Paz, son algúns dos temas que trata esta película de abstracta beleza, nun exercicio no que a cámara segue o día a día do personaxe na execución do que o apaixona, facer arte cun cincel.
Antón Lamazares, o que fora un dos máximos representantes de Atlántica, imprescindible asociación cultural dos anos 80 que desembocou na vaga máis sólida da arte en Galicia, prepara diante da cámara unha retrospectiva que pensa levar a Budapest. Sete dos que aparecen no filme Horizontes sen dono estarán presentes na exposición que Play-Doc lle dedica ao autor. Estas pezas realizan un percorrido pola traxectoria artística do pintor, que presta unha coidadosa e meditada atención cara a memoria, a importancia das cousas humildes, o paso do tempo ou o valor da mirada contemplativa. Todas estas cuestións poden apreciarse nunhas obras nas que o cartón, “superficie humilde por antonomasia”, e a verniz, “material pictórico practicamente imperceptible”, adquiren o maior protagonismo.
Doutra banda, a exposición do escultor Manolo Paz constará de tres obras de grande formato situadas ao aire libre diante da sede do festival. O creador dos famosos Menhires da Paz, situados no campo da rata na Coruña (preto da Torre de Hércules), rende homenaxe con este conxunto ao seu benquerido Cambados.
Máis información na páxina web do festival www.play-doc.com