Pio XII - Universitario: A relixión e a ciencia

Pio XII - Universitario: A relixión e a ciencia

11 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Importante encontro o desta tarde tanto para Universitario como para Pío XII de Santiago. Os dous equipos comparten a 4ª posición da táboa (xunto a Burgos), a unha vitoria dos 3 primeiros. Queda pouco para o remate da LF 2 de baloncesto feminino

Na primeira volta gañaron as ferrolanas por 66 a 58 nun encontro que chegaron a dominar por 20 puntos. Desde entón o conxunto compostelano perdeu a dous pivots, a letona Inga Buzoka e a polaca Marta Dydek, sendo novidade a francesa Penda Sy (8 puntos e 5'5 rebotes) que non terminou de callar. Mar Xantal está xogando agora moitos máis minutos por esta razón, aínda que con parecidas prestacions (10 puntos e 5'5 rebotes por partido). Pero a xogadora clave segue sendo a base Laura Grande e moitas das posibilidades do equipo ferrolano pasan por controlar o seu xogo como fixeron hai 4 meses en Esteiro.

Non hai novidades no equipo ferrolano que se adestrou con normalidade ao longo da semana. As xogadoras son conscientes da importanciae do encontro (moito máis para as compostelanas que teñen un calendario farto complicado) e da súa dificultade.

Os colexiados Jorge Martínez e Pedro Luís Aguado de Castilla León, serán os encargados de dirixir o encontro hoxe sábado, a partir das sete da tarde, no Pabellón de Santa Isabel de Santiago.

Deportes