A pista de patinaxe sobre xeo abre no campo da festa de Perlío

A pista de patinaxe sobre xeo abre no campo da festa de Perlío
19 de Decembro, 2019 - 01:15 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene abrirá este venres as portas da pista de xeo natural. Estará baixo carpa, no campo da festa de Perlío ata o 7 de xaneiro. En horario de mañá, de 11,30 a 13,30 horas e, de tarde, de 16,30 a 21 horas. Así mesmo, o día 24 o horario será de tarde, de 16,30 a 19,30 h, e o día 25, tamén de tarde, pero de 16,30 a 21 h.

Pista de xeo. 2019. San Valentín

Ofreceranse sesións de 30 minutos e o prezo da actividade con aluguer de patíns e apoio de monitores é de 5 euros por persoa e sesión. É obrigatorio o uso de luvas. Así mesmo, o Concello tamén habilitará un inchable e carruseis neste espazo para os/as máis pequenos/as. Neste caso, en horario de tarde, de 17 a 21 horas (agás os días 24 e 31 de decembro –de 16,30 a 19,30 h-). O custe da ficha será de dous euros; o de 3 de cinco euros, e o de 8 de 10 euros.

Institucional

Publica o teu comentario agora