ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Malabares, acrobacias e música en directo forman parte do espectáculo que mañá sábado se poderá ver no multiusos da Xunqueira en Redondela (Pontevedra). Santos contra pecadores enfrontránse na obra “Purgatorio” que porá en escea a compañía Pistacatro Teatro, un espectáculo que serve para poñer o punto e final ao programa do Teatrarte da Concellería de cultura que se iniciaba o pasado 14 de febreiro.
A última das actuacións corre a cargo dunha compañía que dende hai unha década veñen creando, producindo e distribuíndo espectáculos de novo circo e cabaré. As entradas para a obra do sábado poderanse adquirir unha hora antes do inicio do espectáculo na billeteira do multiusos. O prezo para o público en xeral é de 4 euros mentres que estudantes e xubilados pagan 2 euros. O obra comezará ás 20:30 horas.
Durante as últimas semanas pasaron polo auditorio compañías de relevancia do panaroma galego como Teatro do Atlántico coa obra Unha primavera para Aldara, a gran gañadora dos premios María Casares deste ano ou os Aeroplanos de Lagarta, lagarta. Un ciclo xa consolidado que colgou o cartel de completo en practicamente todas as funcións.