Planificar o lecer

Planificar o lecer
01 de Abril, 2020 - 02:34 h. | Publicada por Radio Fene

José Barcia: Sair cada dia aos balcóns ás oito da tarde reforza a nosa socialización. É un xesto moi importante nesta situación de confinamento.

ESCOITA O PODCAST:

O tempo de lecer ocupa un papel moi importante na nosa saúde, declara o psicólogo José Barcia no espazo Vilanova de Radio Fene. Na situación especial que estamos vivindo, dí, o tempo de ocio cobra unha maior relevancia. Nunca debemos esquecer que o ocio está estreitamente ligado á calidade de vida e polo tanto á saúde. Outra advertencia que nos fai é que é necesario planificar o noso tempo de lecer para facer un bo uso do tempo libre, máis tendo en conta que agora mesmo temos moito. “Convén non deixarse levar polo tedio” afirma Barcia.

Falamos con el dos aplausos das oito da tarde aos profesionais da sanidade, desas saídas diarias aos balcons. “Estamos limitados polo confinamento, explica José Barcia, por iso sair ao balcón forma parte da nosa socialización, dunha sensación de comunidade. O agradecemento e a empatía reforzan o noso estado emocional, conclúe.

Sociedade

Publica o teu comentario agora