Plasmar a lactación materna en imaxes ten premio

Plasmar a lactación materna en imaxes ten premio

02 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Baixo o título Pel con pel no mundo a Federación Galega de Asociacións de Apoio á Lactación Materna (FEDEGALMA) convoca un concurso fotográfico. O obxectivo é premiar as imaxes que recollan o contacto que se produce no momento da alimentación entre unha nai e o seu fillo, pero tamén o agarimo que precisan do seu entorno estas mulleres. O certame é o primeiro paso dunha proxecto máis amplo que culminará en setembro c

A obra, que sairá á rúa da editorial Galaxia, recollerá unha escolma de 70 fotos acompañadas de textos elaborados, entre outros, por autores como Dores Tembrás, Yolanda Castaño, Marta Dacosta, Begoña Caamaño, Ledicia Costas, Román Raña, Eduardo Estévez, Alfredo Ferreiro, Xosé María Álvarez Cáccamo ou Francisco Castro. O obxectivo do concurso e o libro, ao igual que o resto de actividades de FEDELGAMA, é promover as vantaxes que a lactancia ten tanto para nais como para fillos. Unha das representantes da federación, Ana Cal, asegurou en Radiofusiòn que se precisa maior coñecemento e conciencia sobre esta cuestión, non só na poboación en xeral, senón tamén entre o propio persoal sanitario. Ademais, avogou por cambios no entorno laboral para que as nais poidan alimentar de xeito natural ao seus fillos, lembrando que o período actual de baixa maternal non cobre os seus meses mínimos que se recomendan de lactación.

Sociedade