A Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos non confía en que a Xunta suavice a reforma local

A Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos non confía en que a Xunta suavice a reforma local

19 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

Na política, de cote emprégase unha linguaxe tan elaborada que máis parece que se quixera agochar o que se fai que comunicalo. Velaí por exemplo nome do proxecto de lei que hoxe aproba o Congreso dos Deputados: lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local. Isto, que tan complexo soa, é moito máis sinxelo de explicar na realidade se atendemos ao resumo que fan aquelas forzas políticas que se

Dende as organizacións sindicais denunciaron que, a pesar dos intentos de xustificar a reforma en termos economicistas, esta lei ten unha clara motivación ideolóxica cuxo obxectivo é afondar na recentralización do Estado, reforzar as deputacións e a avanzar na privatización dos servizos públicos. A coordinadora da Plataforma e voceira da área Pública da CIG, Maricarme López Santamariña, subliñou que esta reforma da administración local hai que enmarcala no conxunto de ataques dos gobernos do PP contra os servizos públicos, de cara ao seu desmantelamento e progresiva privatización.

Nesta ocasión, coa escusa do déficit local e baixo a capa dun suposto aforro, o ataque vai dirixido á administración máis próxima á cidadanía: os concellos. Con esta nova lei, denunciaron, as administracións locais menos poboadas perderán competencias (e os orzamentos correspondentes) en servizos básicos, que pasarán a estar en mans das Autonomías ou Deputacións, que son as auténticas protagonistas desta reforma.

Sobre as deputacións, os representantes sindicais criticaron o nulo carácter democrático destas institucións, xa que están conformadas por concelleiros/as elixidos/as polo seu propio partido. A este respecto, subliñaron que o déficit das deputacións é 20 veces maior que o dos concellos, e que o 44% da débeda municipal concéntrase nos concellos de Madrid e Valencia.

Así mesmo, alertaron da incidencia negativa da reforma sobre o emprego, a permanencia e as condicións de traballo das empregadas e empregos públicos, pois non se garante, en absoluto, estabilidade laboral, e ademais limítase o dereito á negociación colectiva.

Por iso, dende as organizacións sindicais realizaron un chamamento á cidadanía para que participe das mobilizacións convocadas pola Plataforma, porque “non se trata só de defender os dereitos laborais das empregadas e empregados das administracións; aquí o que está en risco son os servizos básicos que se presta aos cidadáns e cidadás”.

Institucional