Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público recurre á maxia contra LOMCE

Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público recurre á maxia contra LOMCE

11 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público presentou este luns 11 de novembro en rolda de prensa o programa dos diferentes actos contra a LOMCE que se realizarán na tarde do mércores 13 de novembro en oito localidades distintas. Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra, Ferrol e Carballo acolleran os actos que  terán como protagonista á cultura, con actuacións musicais,  teatro,  maxia e participación de escritores

Os actos do 13 de novembro da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, nos que se esixira a retirada da lei, terán continuidade proximamente cunha  entrega de sinaturas contra a LOMCE de persoas vinculadas ao mundo da cultura, que están a dar o seu apoio ao manifesto “Cultura contra a LOMCE”.

O programa, os lugares e hora de realización dos diferentes actos é o que segue:

Santiago

            Biblioteca Ánxel Casal, 19:00h.

            Participarán:

-          Federico Pérez Rey (actor), Berta Dávila (escritora), Suso de Toro (escritor), Quico Cadaval (director e actor). Actuacións musicais a cargo de: Sonia Lebedynski (música e profesora), Alonso Caxade (músico e profesor), Najla Shami e a coral de Solfa.

A Coruña

Auditorio Andrés Gaos (Conservatorio Superior da Coruña), 19 h.

Participarán:

-          César Cambeiro, Combo de Jazz do Conservatorio, Magín Blanco, María Canosa, Martín Camiña, Pedro Brandariz, Tombalobos Orquestra, Xabier Díaz…

Vigo

Marco (rúa do Príncipe), 20h.

Participarán:

-          Ferreñudos do Morrazo Ghaiteiros Subwertsivos, Tino Baz, Marta Quintana, Laura Quintillán e Alumnado e profesorado AntiLOMCE.

Lugo

Salón de Actos da casa sindical, 20h.

Participarán

-          Isidro novo (poeta). Coro AntiLOMCE lugués, Ensemble de clarinetes do CMUS  de Lugo, Vaitewert Folk, Ailalelos trío e Tundal.

Ourense

          Auditorio municipal (rúa da canle, 2), 19:30h.

 

            Participarán

-           Xose Lois González “O carrabouxo” e Teresa Devesa. Actuarán Terra Morena e o Gaiteiro Anónimo.

Ferrol

IES Concepción Arenal, 19.00

Participarán

-          Antón Cortizas, "Exame tipo Lomce”, Mago Fiz, Grupo de Teatro da Sociedade Cultural Medulio, Miguel Neira (músico), actuación musical a cargo do alumnado  do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol,  lectura de textos a cargo de alumnado  de distintas etapas educativas.

Pontevedra

Galería Sargadelos, 19.30

Participará

-          Carlos do Viso  (músico)

Carballo

            Pazo de Cultura de Carballo, 19,30

-          Actuación musical do grupo Mala Vida

 

 

Sociedade